Centro de axuda

Como funciona Nidovo?

Tres pasos para comezar e as dúbidas de sempre. Nidovo está en beta: se che queda algo ou che falta algo, escríbenos, que che lemos.

Comezar leva un minuto

1

Crea a túa familia

Dálle un nome e engade os cativos e os maiores. Sen formularios eternos.

2

Apunta o importante

Tallas, unha cita, un desexo… o que teñas na cabeza agora mesmo.

3

Convida e comparte

Manda unha ligazón a quen queiras e deixade de repetirvos as cousas.

Preguntas frecuentes

Probas?

É de balde e comézase nun minuto. E se algo non che cadra, escríbenos.